Actualidade :: Novas

O documental do " Naufraxio " comeza o ano con boas novas

Un mes despois da súa presentación o documental do Naufraxio comeza a dar as primeiras alegrias, xa que ven de ser seleccionado para proxectarse na cidade Suiza de Xinebra, no Centro Galego, ademais foi inscrito para participar nos premios Mestre Mateo 2.009.

O documental foi presentado o día 21 de novembro de 2.008, diante dun gran número de persoas, que gozaron coa narración das vivenzas dos protagonistas da representación do Naufraxio de Laxe.

Este documental esta producido por Mandeo Records, e basase nunha idea orixinal do Proxecto Mardelaxe, a financiación correu a cargo da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, que dende o primeiro momento apostou polo Proxecto de Turismo mariñeiro Mardelaxe.

O ? Naufraxio ?, pretende ser unha homenaxe a todas aquelas persoas que perderon a súa vida no mar, para que de este xeito o seu recordo permaneza para sempre entre todos nos.

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024