Actualidade :: Novas

PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL

O PROXECTO MARDELAXE PRESENTA O SEU NOVO DOCUMENTAL SOBRE A VIDA DO PORTO DE LAXE CHAMADO "OS SOÑOS DO MAR".

O 7 de Novembro do 2009 as 18.00 horas, realizouse na Aula do Concello de Laxe a presentación do novo documental OS SOÑOS DO MAR, elaborado polo Proxecto e pertencente a Confraría de Pescadores Santa María de Atalaia, este documental narra a forma da vida da xente do mar de Laxe, o cal consta dunha hora de duración aproximadamente.

A súa presentación acudiron entre varios membros de diferentes partidos políticos e vecinos do pobo de Laxe, o Patrón Maior Jose Manuel Barcia Mira, o Secretario da Confraría Miguel Toja Lema, o Alcalde Antón Carracedo e a Coordinadora do Proxecto Mardelaxe Loly Mira Santos, a cal foi a encargada da realización dunha breve presentación e descripción das tareas a desenvolver polo proxecto mardelaxe .

Esta historia foi escrita e dirixida por Daniel Lopez, de Mandeo Records, agradecendo a colaboración económica da Xunta de Galicia - Consellería do Mar; e contando co apoio e colaboración de varios artistas galegos entre eles a voz e música da cantante Rosa Cedrón.

Esta é unha historia que ocurre nunha pequena vila mariñeira da Costa da Morte, nunha vila na cal a súa xente dedica toda a súa vida ao mar, esta vila chamase Laxe.

A historia dunha xente que sae tódolos días ó mar, sen saber se volverán del. O mar adoita reclamar un imposto cada certo tempo; ninguna vila mariñeira esquecerá nunca os fillos que perderon as súas vidas nel. Este imposto leva o nome de O Naufraxio.

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024