Actualidade :: Novas

REALIZACIÓN DO NAUFRAXIO

OS NOSOS xóvenes SON OS ENCARGADOS DE REALIZAR O SIMULACRO DO NAUFRAXIO COORDINADO A DÍA DE HOXE POLO SEU INSTAURADOR

O Naufraxio 09Un ano máis e coincidindo coa principal celebración relixiosa dos mariñeiros, a procesión marítima da Virxe do Carme, en Laxe celebrase o NAUFRAXIO .

O NAUFRAXIO foi instaurado en 1962 por un mariñeiro, Avelino Lema Santos, veciño de Laxe, que ao longo da súa vida sufríu tres naufraxios, saíndo con vida de todos eles.

Despois da misa solemne, na honra da Virse do Carme, patroa dos mariñeiros, que se celebra en Laxe o 17 de agosto, sae a procesión polas rúas da vila.

Unha vez que a Virxe chega ao porto, comeza a representación do naufraxio. Varios mariñeiros saen nunha gamela dende a parte norte do porto, simulando a viaxe que realizan cando veñen de pescar; ao chegar A metade do percorrido, a gamela vai ao fondo despois de botar unha bengala. Os mariñeiros que acaban de naufragar comezan a nadar dirixindose a terra, onde se atopa a Virxe do Carme, que os espera ao pé do mar, unha vez que chegan a terra camiñan de xeonllos ata acadar a imaxe da Virxe. Os catro últimos que se salvan, van buscar ao morto, que é levado a terra, onde o depositan aos pés da Virxe, que obrará o milagre de resucitalo.

En agradecemnteo, os mariñeiros naufragados cantan a ?Salve Mariñeira?, a continuación os barcos, engalonados, saen en procesión pola ría seguindo ao que leva á Virxe do Carme.

Ao rematar a procesión, os mariñeiros que participaron no naufraxio, irán descalzos levando a Virxe a ombros de volta á igrexa.

Esta curiosa celebración relixiosa ten lugar aquí, en Laxe, e noutro pequeno porto de Perú.


Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024