Rutas Guiadas :: Rutas polo mar

As rutas guiadas polo porto pódense complementar cunha ruta guiada polo mar, esta ruta consiste nun percorrido en barco dunha hora de duración pola ría de Laxe.

O visitante terá unha visión completamente diferente, xa que gozará da terra dende o mar, podendo coñecer as paraxes máis fermosas da nosa ría, os faros de Corme e Laxe, a pedra chamada "Cabeza do Indio", así como as principais pedras onde se extrae o percebe de Laxe, algunhas das cales gardan numerosos misterios e lendas que o sorprenderá.

A ruta finaliza coa degustación dun produto típico do noso mar na "Casa do Pescador", taberna típica do porto, onde se reúnen habitualmente os mariñeiros de Laxe.

Ademais, se os pais o desexan, poderán deixar ós seus fillos na escola divertida durante a ruta, deste xeito gozarán do paseo proposto sabendo que os seus fillos se atopan realizando unha serie de actividades coas que pasarán un rato moi agradable.

Para concertar unha Ruta polo Mar, póñase en contacto ca Confraría no número 981 728 100, no correo electrónico info@mardelaxe.com ou no apartado RESERVAS de esta sección.