www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

Tradicións :: O Naufraxio

O naufraxio: os mariñeiros voltan na gamela
O NAUFRAXIO, é unha homenaxe á protección da Virxe do Carme. O naufraxio foi instaurado en 1962 por un mariñeiro de Laxe, Avelino Lema Santos, que sobreviviu a tres naufraxios.

Despois da misa solemne en honor á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros, que se celebra en Laxe o 17 de agosto, sae a procesión polas rúas da vila. Unha vez que a Virxe chega ao porto, comeza a representación do naufraxio. Varios mariñeiros saen nunha gamela dende a parte norte do porto, simulando a viaxe que realizan cando veñen de pescar. Ao chegar á metade do percorrido, a gamela vai ao fondo, despois de botar unha bengala.


O naufraxio: rescate

Os mariñeiros que acaban de naufragar comezan a nadar cara a beira onde se atopa a Virxe do Carme, que os agarda ó pe do mar. Unha vez que chegan a terra, camiñan de xeonllos ata alcanzar a imaxe da Virxe. Os catro últimos, antes de nadar cara a beira van buscar ao morto, que é levado a terra, onde o depositan ós pés da Virxe que obrará o milagre de resucitalo.


O naufraxio: a Virxe volta á Igrexa

En agradecemento, os mariñeiros naufragados cantan a “Salve Mariñeira”. A continuación os barcos, engalanados, saen en procesión pola ría seguindo ao que leva a Virxe do Carme.

Ao rematar a procesión marítima, os mariñeiros que participaron no naufraxio, irán descalzos levando a Virxe a ombros de volta á igrexa.

Esta curiosa celebración relixiosa ten lugar aquí en Laxe, e noutro pequeno porto de Perú.