www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

A Lonxa :: Controis

LonxaA entidade xestora da lonxa de Laxe é a Confraría de Pescadores e, dende ela realízase un grandísimo esforzo por manter as condicións necesarias para garantir a máxima calidade dos produtos que se comercializan diariamente.

A lonxa de Laxe cumpre todos os requisitos necesarios para garantir unha boa manipulación do pescado, dispoñendo do correspondente Rexistro Sanitario, ademais de estar inscrita no Rexistro de empresas halioalimentarias.


EtiquetaA nivel sanitario, a lonxa conta cun Plan D.D.D., así como cun Manual de autocontrol baseado no sistema A.P.P.C.C.

Para garantir o perfecto funcionamento da lonxa de Laxe, se realizan unha serie de inspeccións periódicas a cargo dos Inspectores do Servizo de Saúde Pública, e do Servizo de Inspección Pesqueira.


O obxectivo que se pretende acadar é concienciar á sociedade de que ó consumir, debe diferenciar os nosos produtos dos procedentes doutros mercados. Estes últimos terán a maioría das veces prezos máis baixos, pero a súa calidade tamén vai ser inferior á dos capturados polos nosos pescadores.