Memoria Antiga :: Iniciativas

Proxecto de recuperación da Memoria Antiga

TinoloDurante os primeiros meses do ano 2008 puxemos en marcha unha das iniciativas máis importantes do proxecto Mardelaxe.

Esta iniciativa consistía en realizar un traballo de recuperación da Memoria Antiga do porto de Laxe, a través das vivencias de varios pescadores que se dedicaron a este oficio no seu día ou que a día de hoxe aínda traballan nel.

Para realizar este traballo contamos coa importante axuda de un grupo de investigadores da Universidade da Coruña, que durante varios meses estiveron recollendo todo tipo de material, encamiñado a elaborar unha memoria que recollera toda a información posible sobre a pesca no porto de Laxe ao longo destes últimos anos.

Esta Memoria é a base dunha publicación que se realizará nos próximos meses e que ten coma obxectivo principal dar a coñecer á sociedade o pasado da pesca no porto de Laxe a través dos recordos dos nosos vellos mariñeiros, para que de este xeito o seu pensamento perdure no tempo e nos sirva de guía no futuro.