Que ver :: 2. O Porto

Laxe, como moitas vilas costeiras, estendeuse a carón da praia e ao pé do monte de Cornaceiras (que se prolonga ata o cabo que abrigaba o porto natural dos temporais). A vila distribúese en rúas paralelas á praia atravesadas por outras que baixaban cara ao mar, estas rúas permitían subir as embarcacións para protexelas nas épocas de grandes temporais xa que poderían romperse se quedaran no porto.

Desde ese primeiro porto ao actual, sufríronse modificacións e ampliacións que permitiron aos pescadores desenvolver o traballo con maior seguridade, así como facilita-la chegada de barcos de maior calado que antes non podían atracar no porto. Tamén se foi dotando de instalacións e infraestructuras que facilitan o día a día dos traballadores do mar (oficinas de atención administrativa, lonxa, fábrica de xeo, chabolas, carro varadoiro, grúa, almacéns, aula de formación....).

As primeiras obras de ampliación do porto de Laxe datan de 1949 e foron realizadas para a empresa ?Caolines de Lage? que precisaba dun peirao para cargar nos barcos o caolín que se extraia das minas de Laxe. Na década dos setenta no porto se fan varias melloras, como o dragado, e a ampliación do atraque nos peiraos pesqueiro e comercial. Na década dos oitenta realízanse novas obras que rematan coa prolongación do dique de abrigo e a creación dun peirao de atraque para mercantes

Recentemente creouse o club Náutico de Laxe, polo cal se colocou un pantalán destinado ao atraque das embarcacións de recreo.

Cabe destacar a existencia dun posto permanente da Cruz Vermella do Mar, que ten coma fin principal prestar axuda aos mariñeiros en calquera situación de perigo que puidese xurdir.

O porto de Laxe, dispón ademais de moitos outros servizos como taller de reparacións navais, surtidor de combustible, subministro de auga doce, incluso nos da a posibilidade de pasar un rato agradable no café-bar ?Casa do Pescador?.


Volver