www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

Gastronomía :: ATÚN Á SIDRA

INGREDIENTES

1 kg de atún
1 xema de ovo duro
½ limón
1 cebola grande
2 dentes de allo
1 dl de salsa de tomate
1 dl de caldo de peixe
1 dl de sidra
aceite de oliva
fariña
perexil
sal

PREPARACIÓN

Cortar o atún en tacos non moi grandes (prefírese menos feito)... tamén poden cortarse a toros.

Deixar mariñar o atún co zume do limón uns 15 minutos.

Unha vez transcorrido este tempo, secar, sazonar e enfariñar o atún. Poñer un pouco de aceite nunha tixola para fritir o atún por ambos os dous lados (se se fixo en toros) fíxose tacos, quedará un pouco cru polo centro.

Fritilos nunha tixola con aceite de oliva por ambos os dous lados, volta e volta, e apartar.

A continuación, sofrixir os dentes de allo e a cebola ambos os dous picados e engadir a salsa de tomate.

Machucar nun morteiro a xema de ovo duro cunhas follas de perexil e un pouco de sidra.

Engadir o rustrido anterior, xunto ao caldo de peixe e o resto da sidra.

Poñer o atún nunha cazola de barro coa salsa. Deixar a lume lento 15 minutos, removendo de cando en vez.

Ao parecer o ácido málico que contén a sidra é un diurético poderoso que activa a función dos riles e evita a acumulación de ácido úrico, ao parecer os bebedores de sidra están menos expostos a doenzas como a gota e as pedras no ril.


Volver