www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

Gastronomía :: BACALLAU CON LEITE

INGREDIENTES

1 kg de bacallau
½ kg de patacas
¼ l de leite
2 culleradas de perexil picado
2 culleradas de cebola picada
Pementa
Aceite para fritir
Auga fría para cocer o bacallau.

PREPARACIÓN

O bacallau unha vez desalgado e partido en anacos ponse nunha cazola cuberto por auga fría e cando a auga rompa a ferver báixase o lume e déixase uns cinco minutos a lume lento. Escórrese a auga, sécase e rebózase en fariña e frítese en aceite quente. Pélanse as patacas, córtanse en toros finos e frítense tamén.

Nunha cazola colócase unha capa de bacallau frito, outra de patacas fritas, espolvorease de pementa e perexil picado e fariña. Logo colócase outra capa de bacallau, outra de patacas e volve poñérselle o perexil, a pementa e a fariña.

No aceite que sobrou de fritir o peixe dóurase a cebola e vértese por enriba do guiso, colócase ao lume e cando estea morno váiselle incorporando leite quente e parte da auga da cocción do bacallau e déixase a lume lento unha media hora.


Volver