www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

Gastronomía :: OLLOMOL AO LIMÓN

INGREDIENTES

1 ollomol grande
4 dentes de allo
2 culleradas de perexil
6 tiras de touciño branco
8 culleradas de pan raiado
1 vaso de aceite
1 cucharon de caldo
1 culleriña de vinagre
1 limón (zume)
sal

PREPARACIÓN

O ollomol se escama e límpase. Lávase ben ao chorro de auga fría e sécase cun pano. No lombo dánselle seis cortes e neles introdúcese o perexil machacado cos allos e unha tiriña de touciño.

Envólvese no pan relado e colócase nunha braseira. Sazónase de sal e régase co aceite e o zume dun limón. Métese a forno medio, previamente quentado e ao cuarto de hora báñase co caldo e o vinagre. Deixándoo no forno outro cuarto de hora ata que remate a cocción.

Sérvese na mesma braseira adornado con toros de limón


Volver