www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

Gastronomía :: OLLOMOL ALBARDADO

INGREDIENTES

1 ollomol (entre 1 ½ e 2 quilos)
100 gr de lombo de porco
50 gr de xamón
12 olivas sen óso
1 ovo cocido
2 rebandas finas de touciño
1 limón (zume)

PREPARACIÓN

O ollomol se escama, límpase e quítaselle a espiña, conservando a cabeza.

Sálgase e régase co zume de medio limón. Pícase moi ben o lombo, o xamón, as olivas e o ovo duro. Sazónase de sal e pementa e énchese o ollomol con este condimento.

Logo cósese e envólvese en rebandas de touciño delgado, átase e colócase no asador, deixando que se ase a lume vivo para que o touciño se consuma pronto. (hai que ter coidado de que o peixe non se queime.)

Desátase logo o touciño e énchese de novo o peixe con zume de limón e sérvese en fonte adornada con patacas cocidas e pementos vermellos.


Volver