www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

Gastronomía :: SALMÓN CON AMEIXAS

INGREDIENTES

1 kg de filetes grosos de salmón
1/2 kg de ameixas
250 gr de champiñóns
250 gr de manteiga
1 vaso de leite
o zume de 1 limón
1 chorrecillo de viño branco.
Sal e pementa

PREPARACIÓN

Salgar e macerar en leite e zume de ½ limón os filetes de salmón, polo menos 2 horas.

Derreter a manteiga nunha tixola e saltear os champiñóns lavados, sen o pé terroso e rebandados en toros, xunto coas ameixas.

Cando os champiñóns solten o seu xugo, engadir o chorrecillo de viño branco. Cando estean feitos, engadir o zume do outro medio limón e salpimentar.

Escorrer os filetes de salmón e asar á grella moi forte ata que se douren, dándolles a volta tamén.

Dispoñer os filetes nunha fonte para servir e engadirlle as ameixas e os champiñóns.


VARIANTES E TRUCOS: acompañalo cun viño branco de crianza en madeira e boa graduación alcohólica. Unha combinación perfecta.


Volver