www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

A Lonxa :: Presentación

Lonxa de LaxeA lonxa de Laxe caracterízase pola comercialización de pescados e mariscos procedentes da pesca costeira artesanal, capturados con artes selectivas, que se recollen diariamente, contribuíndo a conservar as mellores condicións de calidade, para que unha vez realizado todo o proceso de venda chegue ao consumidor final de maneira exquisita.

Para que o consumidor poida coñecer en todo o momento as características do pescado que consume, a lonxa de Laxe realiza unha campaña de información moi ampla, que vai dende a colocación de paneis informativos no interior da propia lonxa, ata a elaboración de trípticos divulgativos onde se relata todo o proceso de manipulación, dende a chegada do pescado á lonxa ata que é mercado polo compradores, que o distribuirán polos distintos puntos de venda.

Esta campaña de información pretende concienciar ó consumidor da necesidade de esixir que lle ofrezan a mellor calidade posible á hora de mercar un pescado ou marisco, así como coñecer en todo momento a súa procedencia.

A lonxa de Laxe ofrece a día de hoxe a mellor calidade a hora de mercar pescados e mariscos, polo que si unha persoa busca calidade garantida debe solicitar no seu punto de venta habitual pescados e mariscos do Mardelaxe; tamén poden solicitar información no teléfono 981 728 100, onde lle informarán do distribuidor de pescados e mariscos Mardelaxe, máis próximo a súa localidade.