www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

Gastronomía :: AMEIXAS Á MARIÑEIRA

INGREDIENTES

1 kg de ameixas (ben lavadas e sen areas)
2 cebolas medianas
2 dentes de allo, perexil abundante
1pizca de pemento doce e picante
1 pouco de pan relado
1 chisco de azafrán
½ vaso de viño branco

PREPARACIÓN

Poñer as ameixas ao lume nunha cazola con tapa, para que abran ao vapor, sen auga. unha vez abertas, retirar do lume, comprobar que non hai ningunha con area e reservar a auga que soltaron.

Poñer a pochar en aceite a cebola cortada moi finita, a lume moi lento para que se abrande, pero sen chegar a tostarse. Cando está, engadir o allo cortado moi picadiño e o perexil (moi abundante), agregar o pan relado, unha culleriña de moca de pemento doce e un chisco de picante, o azafrán (un sobre) medio vaso de viño e o liquido das ameixas, previamente coado.

Deixar facerse uns minutos máis, engadir as ameixas, remover un ou dous minutos e servir (se a salsa quedase excesivamente líquida, pódese espesar cun chisco de maicena


Volver