www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

Gastronomía :: BACALLAU AO FORNO CON PASAS

INGREDIENTES

1 kg de bacallau
75 gr de améndoas
75 gr de piñóns
75 gr de pasas
3 culleradas de pan relado
2 culleradas de perexil picado
150 gr de manteiga de vaca derretida ou aceite.
Pementa moída
Cravo moído
Noz moscada
1 cebola
1 cenoria
1 folla de loureiro
auga

PREPARACIÓN

O bacallau despois de desalgado e cordado en anacos, ponse a cocer en auga cunha cebola, unha cenoria e unha folla de loureiro.

Faise unha pasta coas améndoas e os piñóns machucados, o pan relado, o perexil e a manteiga derretida/ aceite. Sazónase de pementa, cravo e unhas raspaduras de noz moscada.

Nunha fonte de forno colócase unha capa desta mestura e outra do bacallau cocido e sen espiñas.

Agréganselle as pasas e métese ao forno ata que esta dourado. Entón régase cun cullerón da auga da cocción do bacallau e déixase cocer uns minutos antes de servilo. (Debe de quedar substancioso; se é necesario agrégaselle algo máis de auga, aínda que en principio non convén poñerlle demasiada para que non saia caldoso).


Volver