www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

Gastronomía :: BACALLAU EN SALSA DE OVO

INGREDIENTES

1 kg de bacallau
2 ovos
150 gr de manteiga de vaca ou aceite.
½ l de leite
1 culleriña de azucre.
3 xemas de ovo
Fariña para rebozalo
Pementa
Noz moscada

PREPARACIÓN

Despois de desalgado unhas seis horas, córtase en anacos regulares, rebózase primeiro en fariña e logo en ovo batido e frítese en manteiga de vaca/ aceite moi quente e sepárase.

Nunha cazola ponse ao lume o leite co azucre e un pouco de pementa e noz moscada. Cando rompa a ferver agrégaselle o bacallau, déixase cocer uns minutos movendo de cando en vez a tarteira.

No momento de ir a servilo bátense as xemas de ovo e váiselles incorporando pouco a pouco o leite en que se coceu o bacallau, movendo sempre para o mesmo lado para que non se corte. Colócase nunha fonte o peixe, vértese enriba a salsa e sérvese.


Volver