www.mardelaxe.com
Ven a descubrir o mundo do mar con Mar de Laxe.

Este contido require Adobe Flash Player. Obter Flash

Gastronomía :: PEIXE SAPO CON SALPICÓN

INGREDIENTES

1 ½ Kg de peixe sapo
½ kg de patacas
2 follas de loureiro
1 cebola
1 rama de perexil
1 vaso de aceite
2 ovos cocidos
2 culleradas de limón ou vinagre
½ pemento morrón de lata
3 culleradas de perexil picado
Sal e auga

PREPARACIÓN

Límpase o peixe sapo, quítaselles a pel e resérvase a cabeza para unha sopa.

Nunha tarteira con auga, sal, loureiro, cebola enteira a rama de perexil póñense a cocer as patacas cortadas en forma de dados e a cola do peixe sapo. Pasados uns trinta minutos retírase o peixe, sepáraselle a espiña e córtase en anaquiños pequenos. Escórrense tamén as patacas e déixanse arrefriar, e colócase todo nunha fonte.

Nun recipiente mesturamos o ovo duro picado moi miúdo, a cebola e o perexil, o vinagre ou o limón, agregámoslle o aceite e unhas culleradas do caldo da cocción do peixe, revolvémolo ben e engadímoslle o pemento morrón moi picado e envorcámolo sobre a fonte co peixe e as patacas. Sérvese frío


Volver